Xornada de tecnificación junior e novos xinetes de Raid

Dentro do programa de colaboración da RFHE coas distintas FFAA, os próximos 23 e 24 de novembro de  2019 está prevista a organización, no Club Ecuestre Arabian (Posada de Llanera, Asturias), unhas xornadas de tecnificación de Raid, dirixidas aos novos xinetes e junior, organizadas conxuntamente pola Real Federación Hípica Española e a Federación Hípica do Principado de Asturias.

O programa consistirá na impartición dun curso teórico/práctico de Raid ao que cada participante pode asistir có seu cabalo.

O curso impartirase polos técnicos de Raid da RFHE, Ignasi Casas e polo xinete, Angel Soyactual Campión de Europa por equipos, medalla de bronce individual e ouro  por equipos en Campionato de Europa 2017 eMedalla de Ouro por equipos no Mundial 2016.

Todas as persoas interesadas deberán encher o formulario de inscrición e mandarlo por mail a Federación Hipica Asturiana info@fhpa.es e á RFHE mnaharro@rfhe.com previa autorización da súa federación territorial. A inscrición é gratuita.

As prazas son limitadas a 20 cabalos (1 deportista e 2 asistencias por cabalo). No caso de recibirse un número maior á convocatoria a federación territorial correspondente seleccionará aos seus candidatos. A data límite para as inscricións será a do 18 de novembro.

Cada xinete menor de idade pode asistir acompañado de 1 adulto (pais, titor ou adestrador)  

Formulario de inscrición

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE