Curso de Xefe de Pista Territorial de Enganche 2019

A Vogalía de Enganches da Federación Hípica Galega, convoca un Curso de XEFE DE PISTA TERRITORIAL DE ENGANCHES E RECICLAXE

Téndose en conta as necesidades e demanda da disciplina para a promoción a Xefe de Pista Territorial de Enganches, convócase un máximo de 15 prazas, poidendose, se así se considera por falta de aptitude, quedar algunha delas deserta.

O curso, vai dirixido a aquelas persoas que pretendan ser promovidos a Xefe de Pista Territorial de Enganches e que reúnan e superen os requisitos esixidos na presente convocatoria e normas dictadas pola Federación Hípica Galega, que establecen os criterios tanto para a promoción de Xefes de Pista como para a permanencia nas distintas categorías.

O reciclaxe é obrigatorio para todos os Xefes de Pista de Enganches para manter a actividade e así poder actuar nos distintos concursos.

A selección dos aspirantes farase tendo en conta o seu currículo deportivo, que deben adxuntar xunto a folla de inscrición, así como a orde de chegada das mesmas a Federación.

Datas de celebración: 20 e 21 de xullo de 2019.

Prazo de inscrición: Até o venres 28 de xuño.

Convocatoria curso

Folla de Inscrición

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE