XXIII Gala Hípica Galega

O próximo sábado 30 de marzo celebraremos no Parador de Santiago de Compostela (Hostal dos Reis Católicos), a XXIII Gala Hípica Galega. Como é tradición, tódolos medallistas Galegos de 2018 estarán invitados, e no transcurso da mesma faranse entrega dos correspondentes diplomas e recoñecementos. 

Rogamos ós galardoados de tódalas disciplinas de 2018 que confirmen a súa asistencia chamando ó 986 213 800 ou enviando un e-mail a fhgallega@fhgallega.com antes do 15 de marzo, para poder recibir a súa acreditación. 

A Gala está aberta a tódolos federados, familiares e simpatizantes da nosa Federación que queiran asistir e a súa praza reservarase ata completar aforo, en rigurosa orde de solicitude e unha vez confirmado o pago do cuberto. 

DESENVOLVEMENTO  DO ACTO 

19:30 a 20:00 h.  Benvida

20:00 a 21:15 h.  Acto de entrega de diplomas e recoñecementos (Capela e Sala de Arte)

21:30 a 23:00 h.  Cóctel/Lunch (Claustro)

23:00 a  --:--   h.  Festa Hípica 

RESERVAS: 

Deberán ser remitidas á Federación Hípica Galega por correo electrónico a fhgallega@fhgallega.com indicando: 

. RESERVA GALA HÍPICA 2019

. NOME E APELIDOS DA PERSOA OU PERSOAS POLAS QUE SE EFECTÚA A RESERVA

Adxuntando copia do pago  realizado na conta de ABANCA ES76 2080 3119 4630 4000 6254

Prezo por persoa (Acto e Cóctel/lunch): Adultos: 37 € / Nen@s menores de 12 anos: 20 € 

A Federación confirmará a reserva ó interesado ou interesados pola mesma vía, adxuntando unha acreditación  nominativa a cada unha das persoas. (Non se enviarán invitacións en papel).

IMPORTANTE: Devolverase o importe pagado cando se comunique a imposibilidade de acudir á Gala, establecéndose como data límite o venres 22 de marzo ás 14:00 horas.

As acreditacións son persoales e intransferibles. Para o acceso será necesaria a presentación do DNI á azafata encargada da recepción dos asistentes.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE