Información Competición Enganches 2019

Con data 11 de febreiro de 2019 ábrese por procedemento de urxencia o prazo de solicitude de probas puntuables para o  Campionato Galego de Enganches.

A título informativo comunícase aos comités organizadores interesados, que cada proba ten un coste aproximado de 500 euros correspondentes aos honorarios dos xuíces. Ditos honorarios deberán ser abonados directamente polo comité organizador previa presentación do correspondente recibo por parte dos mesmos. O comité organizador deberá aportar a súa vez os trofeos ou medallas para cada categoría (3 por categoría). Estas probas no teñen premios en metálico. As doce primeiras probas solicitadas recibirán unha subvención de 200 euros.

Será condición imprescindible para a realización da proba que tódolos cocheiros, grooms e cabalos estén en posesión da correspondente licenza federativa de competidor territorial e o comité organizador proporcionará médico e ambulancia que deberán estar presentes dende o comezo até o  final das probas.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE