2ª Xornada de formación - Iniciación ao enganche 2019

Cómo conducir un coche de cabalos e práctica de cómo iniciarse na competición.

Organiza ASEGE / Colabora Federación Hípica Galega

Lugar: Centro Hípico de Melgaço

Datas: Sábado 2 de Febreiro 10:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00 / Domingo 3 febreiro 10:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00

Programa:

Sábado: Durante todo o día practicarase o enganchado e desenganchado e faranse distintos exercicios cós coches para poder sumar horas de enganche e ir collendo dominio e soltura de conducción, contaremos con 2 coches, 2 monitores e 10 cabalos.

Domingo: Durante toda a mañá estarase conducindo e practicando un recorrido de competición de enganche. Pola tarde farase o mesmo recorrido cronometrado, como si dunha competición se tratase, para que todos os participantes poidan sacar as súas propias notas. 

Imprescindible levar casco e aconsellable espaldeira, o que non dispoña dela usará as comúns da Federación Hípica Galega. 

Prezo inscrición 2 días: 25€ p. p. / Prezo inscrición 1 día: 15€ p. p.

Inscrición de balde para os participantes que leven cabalo e coche.

Imprescindible inscribirse, prazo máximo de inscrición 31 de xaneiro.

Teléfono inscricións: 609 884 844 (Marcos)

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE