Elaboración do Calendario Nacional e Territorial 2019

Dada a necesidade de elaborar o calendario nacional e territorial de competicións para 2019, rogámoslles que nos envíen coa maior celeridade posible, e antes do día 30 de novembro, os concursos nacionais e territoriais das diferentes disciplinas que teñan previsto realizar no próximo ano. 

Como en anos anteriores, recordámoslles tamén que o prazo para as solicitudes de concursos para o Calendario Nacional de Competicións de 2019 na RFHE está xa aberto no seu sistema de xestión. Dacordo có previsto no Regulamento Xeral, consideraranse solicitudes “en prazo” as que se reciban antes do 1 de novembro as 23:59h. Ainda que o sistema permanecerá aberto con posterioridade a esta data, invitámoslles (no caso de non facelo xa) a solicitar as vosas competicións antes de dito límite, có fin de poder configurar dentro do tempo debido o calendario.

 

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE