XIII Copa de Enganches de S.M. El Rey 2018

Disputada entre os días 1, 2 e 3 de xuño na Finca “El Quemado” de Ávila.

Celebrouse a Copa de Enganches Completo en Arenas de San Pedro de Ávila, coa participación por primeira vez de 5 competidores Galegos, Manuel Nistal e Emiliano González no concurso Completo, obtendo ambos un magnífico resultado nas distintas probas: Doma, maratón, manexabilidade e conos.

Na proba de Indoor, Enrique Sierra como 2º clasificado e Oscar Ferro 3º na categoría de Limoneras. Carlos Otero 3º clasificado na categoría de Troncos.

Parabéns a todos pola vosa representación que fai que o enganche galego teña unha magnífica presencia en toda España. 

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE