Cancelación Rexistral Entidades Deportivas

Conforme se indica no punto terceiro da Resolución contida no ANUNCIO: 

“As federacións deportivas galegas, de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, deberán dar de baixa aquelas entidades deportivas afiliadas a cada federación que figuren no anexo I.

Non obstante o anterior, e soamente para efectos deportivos, a afiliación terá vixencia ata a finalización da competición oficial en que figuren inscritas as entidades recollidas no anexo I”.

Anexo I Clubs baixa Rexistral

Anexo II "As entidades deportivas que figuran no anexo II, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberán proceder á emenda da documentación presentada de conformidade co requirimento que se efectúe. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se lles terá por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei. 

Anexo II Clubs pendentes de solucionar erros

Tal e como se indica no último parágrafo da Resolución: 

“Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe a interposición de recurso potestativo de reposición ante esta secretaría xeral no prazo dun mes desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, desde o día seguinte á recepción da presente notificación de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa”. 

Se algún club desexa interpoñer recurso potestativo de reposición  deberá presentalo electrónicamente dirixido a Presidencia-Secretaría Xeral para o Deporte. Pode utilizar, en sede electrónica, o Procedemento PR004A -Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado. Procedemento

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE