Asociación Galega de HorseBall

Os próximos días 10 e 11 de Marzo vaise celebrar un Clinic de tecnificación e detección de xogador@s por parte do seleccionador nacional de HorseBall, Pau Crous.

Ambas xornadas terán lugar no Club Hípico La Muralla en Redondela en xornadas de mañan e tarde. 

Dito clinic é para  xogador@s entre 13 e 21 anos (cumpridos en 2018) e ten como obxectivos fundamentais mellorar o nivel do Horseball tanto a nivel individual como de equipos e formar e ter unha canteira de xogadores para integrar as diversas seleccións nacionais de Horseball. 

Para máis información pode dirixirse á Asociación Galega de Horseball a través do correo electrónico asocgalhorseball@gmail.com ou poñéndose en contacto co seu presidente Juan Landesa no 628092357

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE