ELECCIÓNS FEDERACION HIPICA GALEGA

Este ano convócanse eleccións na Federación Galega de Hípica: Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada. Dende a Secretaria Xeral para o Deporte, según a Orde aprobada solicitouse a publicación dun censo inicial antes do 28 de febreiro. Exporase durante 20 días, para posibles reclamacións durante dito prazo que finaliza o próximo 19 de Marzo de 2018, mediante escrito remitido á Xunta Directiva, que valorará os escritos presentados e procederá, sí é o caso, á corrección do censo electoral inicial no prazo de oito días naturais. (Modelo publicado)

No mesmo prazo os Clubs poden solicitar que figure como representante no censo e como votante na elección de membros da Asemblea Xeral unha persoa distinta ao Presidente, sempre que sexa membro da Xunta Directiva do Clube, condición que deberá acreditar mediante certificado expedido polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

O censo provisional publicarase simultáneamente coa convocatoria electoral.

Toda a información está e publicarase na nosa páxina web www.fhgallega.com  no  apartado “Procesos Electorais”

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE