Novas datas e sede para os Campionatos de España de Menores (Alevíns, Infantís e Xuvenís) de Saltos

Dehesa Monteenmedio, comité organizador adxudicatario nun principio dos Campionatos de España de Alevíns, Infantís e Xuvenís de Saltos 2018, comunicou á RFHE a súa renuncia á concesión dos citadas Campionatos.

Unha vez recibida esta comunicación, e de acordo ao protocolo establecido nos compromisos asumidos por todos os candidatos á organización de Campionatos de España, a RFHE ofreceu a organización á segunda candidatura máis votada, o CEE de Las Cadenas de Madrid, quen confirmou o seu interese en levar a cabo a organización nas datas propostas inicialmente pola súa parte, do 27 de marzo ao 1 de abril.

É por todo, que os Campionatos de España de Alevíns, Infantís e Xuvenís de Saltos disputaranse do 27 de marzo ao 1 de abril no CEE Las Cadenas de Madrid.

O comité técnico de Saltos terá en conta estas novas datas para flexibilizar, dacordo con elas, as exixencias técnicas de resultados previstas para os campionatos de 1* das categorías Infantil e Xuvenil.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE