Incoación cancelación rexistral

Publicouse no DOG o ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Este ANUNCIO recolle, no seu anexo I, a relación de entidades que non teñen adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

No caso de que as entidades non procedan á adaptación no prazo de dous meses, procederase á súa cancelación rexistral, o que comportará a perda do recoñecemento oficial da entidade.

A publicación pode consultarse AQUÍ

Listaxe Clubs sen estatutos adaptados

Listaxe Clubs sen estatutos adaptados - Hípica

A modalidade é a que figura como principal nos últimos estatutos inscritos pola entidade no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Pode darse o caso de que algunha entidade adscrita non apareza coa modalidade de hípica ou non conste este dato.

LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE