Convocatoria curso de Xuíces Territoriais de Salto

O Comité  de  Xuíces  da  Federación  Hípica  Galega,  baixo  a  coordinación  do  Comité Técnico  Nacional  de Jueces (CTNJ), convoca  o  presente  Curso  para  todos  aqueles federados  interesados  en  obter  a  titulación  de  Xuíz Territorial  de  Saltos.  Tamén servirá para recuperar a situación de actividade de aqueles Xuíces Territoriais sen actuacións durante os dous últimos anos.

Para participar no mesmo será obrigatorio  estar en posesión da LDN 2018. Para o Curso o nivel mínimo será Territorial e para as prácticas Territorial Competidor.

Desenvolvemento do curso: Datas e lugar 

Fase de correspondencia

Obrigatoria para os inscritos no Curso. Opcional para recuperar situación de actividade. 

Constará de 2 cuestionarios que, unha vez contestados, deberán ser enviados ó enderezo de correo electrónico, que oportunamente comunicarase, nos seguintes prazos:

•  Último día para respostas do 1ºcuestionario: 13 de Xaneiro

•  Último día para respostas do 2º cuestionario: 20 de Xaneiro

Fase presencial

Realizarase na Coruña, nas instalacións da Real Sociedad Deportiva Hípica, os días 27 e 28 de Xaneiro.

Información convocatoria e Formulario de inscrición.

LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE