Premio especial Cabalos Árabes “Heritage Arabian Racing Club”

9 de setembro de 2017 Hipódromo de San Sebastián

Unha representación dos Cabalos Árabes Nacionais pertencentes á Federación Hípica Galega e Jockey Club Galicia participaron no Premio Especial Cabalos Árabes patrocinado polo “Heritage Arabian Racing Club”. Neste premio participaron un total de 11 cabalos de distintas zonas de España e Galicia. É de destacar o  terceiro posto obtido por “SAL ALEM” así como a 5ª praza de “SYRAH”, a pesar da súa mala saida, e o 8º posto de REVOLTOSA CID ao igual que CHANGO FA en 10ª posición. Todos eles debutantes no Hipódromo Donostiarra que repartía 5000€ en premios. A proba disputouse sobre unha distancia de 800m. en pista de herba no Hipódromo de San Sebastian (Lasarte) nunha xornada na que as condicións climáticas foron extremas debido á intensidade da choiva caída nas horas previas á carreira.

É a primeira vez que unha representación de cabalos árabes da FHG e Jockey Club Galicia participan nunha carreira nacional fora do Hipódromo de Antela.

Clasificación final e condicións

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE