Calendario de Raid 2018

Ábrese o prazo de solicitude de competicións por parte dos Comités Organizadores e Raid para o ano 2018.

O día 27 de Setembro hai unha reunión de vogais en Madrid para fixar o calendario Internacional. En Galicia, os territoriais e nacionais teñen prazo até o 15 de outubro para presentar o calendario e que sexa aprobado pola Asemblea.

Até o momento temos competicións en: Lugo, Padrón, A Estrada, Xinzo de Limia, Vigo e algunha solicitude máis a espera de permisos e demáis.

Comunícase tamen que a partir deste ano, ao igual que se ven facendo no resto das comunidades, todo cabalo estabulado en Galicia e xinete residente en Galicia que teñan licenza (territorial ou nacional) doutra comunidade, terán que pagar unha prima de 25 euros cada un ademáis do importe de inscrición fixado polo comité organizador.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE