Podio Campionato Galego de Raid 2017

O 9 de xullo, a amazona Gallega Rocío Díaz Cortón proclamouse, Campiona de Galicia có seu cabalo CRUELA D'ABALUME, precisamente, o día anterior ésta amazona quedou cuarta no Campionato de España Junior celebrado no mesmo lugar e non quedando terceira por pouco tempo. O podio foi compretado coa prata para Rogelio Víctor Azorín García montando ALHAJA, sendo o bronce  Ana Isabel Ramos Seoane co seu cabalo ANWAR LIRA.

En velocidade controlada o campión foi Brais Romero Rivero con LG BAYUNI, conseguindo a prata Ubaldo J. Almeida Martínez con GUDA e o bronce Cesar Areal Ramos con BJ NOVIEMBRE. 

Rocío Díaz Cortón, amazona e afeccionada ao raid dende moi ceda idade, comeza no mundo do raid axudando na organización dalgúns e como asistencia en outros. Na competición empeza con 10 anos, participando en varios P40 e P60 o primeiro e segundo ano e nalgúns CEN 0* nos anos seguintes. Sempre con moita seguridade, preservando cabalos, con bos tempos e varias mellores condicións. No año que cumpre os 14 anos salta ás competicións CEI* con bos resultados, conseguindo ser Campiona Galega Absoluta 2016 con Cruela D' Abalume e medalla de Bronce por equipos no Interautonomías con Heroína D'Abalume. Ao ano seguinte gaña con moita autoridade un CEI* con Braco D'Abalume e un merecido cuarto posto no Campionato de España Junior 2017 có mesmo cabalo, conseguindo tamén revalidar o Campionato Galego Absoluto 2017 coa mesma hegua que o ano anterior. Rocio, hoxe en día, ben guiada e asesorada pola súa nai a tamén amazona Pilar Cortón Muinelo, non só é o futuro do raid galego se non incluso do raid nacional.

NORABOA CAMPIONA

LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE