Campionato de España Raid Junior e Novos Xinetes 2017

Unha vez fixada  pola RFHE a data definitiva para o Campionato de España de Raid  Junior e Novos Xinetes a celebrar os días 7 e 8 de Xullo en Lagoa de Antela-Sandiás, quedan abertas as solicitudes para formar parte da Selección Gallega de raid.

As solicitudes serán enviadas á F. H. Gallega mediante correo electrónico e no caso de xinetes menores de 18 anos será necesario o envío por parte do  pai ou tutor legal de dito correo electrónico indicando o cabalo con o que corre e clasificacións obtidas do xinete e cabalo.

Normas de participación segundo regulamento da RFHE - AQUÍ

En canto ás axudas serán as fixadas na Web da FHG e aprobadas pola Asemblea Xeral.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE