Modificacións Calendario Doma e Pre-Inscrición CDN**

Aprobouse en Asemblea Xeral da Federación Hípica Galega celebrada o 25 de abril, a organización do Campionato Galego de Doma Clásica 2017 os días 21, 22 e 23 de xullo no Club Hipico Villamarin / Equus Ourense (que obtivo 8 votos fronte á proposta do Club Hípico Cemar q obtivo 7 votos).

Ao coincidir coa celebración da 3ª Xornada de Liga Interclubs e o Campionato Provincial de Ourense, acórdase modificar a data dos mesmos, pasando a disputarse o día 5 de novembro nas instalacións do Club Hípico Villamarin.

Así mesmo ábrese un periodo de 15 días para que os binomios interesados en participar nun nacional  CDN** (ao obxecto de conseguir clasificacións para Campionatos de España), realicen a súa prescrición. No caso de non contar cunha pre-inscrición superior a 20 binomios, non se celebraría. Para realizar pre-inscrición enviar mail á Federación Hípica Gallega.

Foto arquivo - Campións Galegos 2016

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE