Nota informativa Campionato de España de Doma 2017

Campionato de España da categoría U25. Incorporación ao programa de datas do Campionato Absoluto 

Infórmase que o da categoría U25 celebrarase conxuntamente có Campionato de España de Doma Absoluto & Masters de Selección 2017 , do 31 de maio ao 4 de xuño nas instalacións do “Centro Ecuestre de Castilla y León” (Segovia). 

Este cambio de calendario débese ao cambio de datas que a FEI anunciou respecto ao Campionato de Europa de U25, atrasando a súa data de celebración inicial á do 29 de agosto ao 3 de setembro en Lamprechtshausen (AUT) e situandoo tan só un par de días antes das datas aprobadas pola Asemblea Xeral Ordinaria da RFHE para o Campionato de España de Menores que se celebrará nas instalacións do CECYL (Segovia) do 5 ao 10 de setembro e que orixinalmente debería incluir na súa programa a categoría U25.

Coñecida esta coincidencia, e ante a imposibilidade de adecuar a planificación deportiva internacional a este novo calendario, someteuse á Comisión Delegada -previa consulta ao comité organizador- a proposta de modificación de datas do Campionato U25, aprobándose a mesma e variando, en consecuencia, a data de celebración do Campionato de España U25 que se adelanta ao mes de xuño.

Nota da DT de Doma Clásica 

Os criterios de cualificación que, de xeito excepcional, aplicaranse aos binomios que participen no Campionato de España de Doma U25 2017: 

Campionato de España 2017/ Xinetes menores de 25 anos (U25): O conxunto xinete/cabalo deberár obter un resultado total de 62% como mínimo outorgado por un xurado onde haberá a lo menos un 1 Xuiz Nacional de Categoría A, na reprise GP 16-25 (excepto Kür), en 1 CDN** ou superior,  antes da data de peche do prazo de inscrición para o Campionato de España de Menores 2017.

Anexo I Condicións de participación Cpto. España 2017


PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE