Licenzas Federativas 2017

Informámoslles que os prezos das licenzas do próximo ano 2017 teñen unha subida nos importes, esta subida é debido a que non atopamos ningunha compañía en España que nos asegure por mellor prezo, pois tanto a Real Federación Hípica Española como esta Federación un ano máis, non subimos a cota que nos corresponde, toda esta subida vai directamente á compañía aseguradora que nos pasou a mellor oferta, contando que as anteriores non queren traballar connosco pola ampla sinistralidade que se está dando en Galicia nos últimos anos. 

Así mesmo vaise a proceder a poñer unha recarga de 5,00 € por parte de accidente emitido, que terá que pagar o accidentado. Desde a Federación Hípica Galega, solicitamos a colaboración de Federados, Comités, Clubs, Técnicos, Xuíces, etc. Co ánimo de poder cumprir coa Lei ao ser obrigatorio por esta, o ter un seguro de accidentes para a práctica Deportiva.
PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE