Delegados Técnicos da RFHE en Competicións Nacionais de Raid

Có fin de coñecer en maior medida o desenvolvemento de tódala competición nacional en España para cumprir cós Regulamentos correspondentes á disciplina de Raid e criterios FEI nas probas que o requiran, a RFHE ten previsto designar Delegados Técnicos para algunhas probas CEN e CEI a desenvolver en España. O Delegado Técnico actuará como enlace directo entre a Dirección Técnica da disciplina e o Comité Organizador e os Oficiais da proba para axudarlles a aplicar as normativas de maneira coherente e que permitan que as probas sexan válidas para calquer criterio FEI ou Nacional ademáis de ampliar a capacidade de reacción dos C.O. frente a RFHE ante posibles problemas organizativos que requiran solventarse. Para a tarea, nombraranse Delegados Técnicos a federados cunha amplia experiencia en probas nacionais e internacionais nun número reducido para todo o territorio nacional, có obxectivo de preservar a coherencia entre os mesmos. En caso de ser oficiais, poderán compatibilizar a súa tarea de Oficial coa de Delegado Técnico. Entre as suas labores realizarán, de maneira non exclusiva e non limitada ás mesmas: - Enlace entre RFHE, Comité Organizador, Oficiais e Participantes - Realización de informes sobre a proba para a RFHE - Ofrecer asistencia e consello a Comités, Oficiais e Participantes - Supervisar o correcto desenvolvemento das probas, incluindo a aplicación das normativas, disposición dos percorridos, sistemas de control da competición e instalaciósns, etc. - Atender queixas e suxerencias dos Participantes para incluir no seu informe Tódolos gastos dos Delegados Técnicos RFHE designados pola RFHE serán a cargo da RFHE. Nota aclaratoria: As funcións do Delegado Técnico difieren das do Delegado Federativo e polo tanto son dous roles distintos (en certos casos poden ser compatibles e requerirán da súa coordinación).
PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE