Comunicado Vocalia Enganches / Marzo 2016

Reunida la Comisión Técnica o 9 de Marzo de 2016 , acordou a confección do calendario de competición Oficial para a 1ª Copa Indor de Enganches FHG, así como o Regulamento Galego de Participación na competición. Os participantes nesta competición puntuable, deben de estar en posesión da licenza federativa de Competidor (Nacional ou Territorial) e da licenza dos seus cabalos. Tódalas probas axustaranse ao Regulamento Galego de competición aprobado. A Copa Indor de Enganches da FHG 2016 , constará de catro probas puntuables máis unha Final, onde se decidirán os tres primeiros postos do campionato e a proclamación do Campión galego. – Probas publicadas no Calendario. Có fin de dar unha promoción adecuada á disciplina, apróbase tamén disputar varias probas de carácter social, para tódolos afeccionados á disciplina e que posean a Licenza Federativa de non competidor. – Probas publicadas no Calendario.
PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE