Comunicado Vocalia Enganches / Febreiro 2016

Unha vez constituída a vocalía de Enganche, comezamos o traballo co fín de organizar a competición galega, para isto e para lograr unha maior conxunción de ideas na organización da disciplina, creouse un grupo (Comisión Técnica), formado por Carlos Otero, Manuel Nistál, José Manuel Costas, Francisco Silva e outra persoa máis que está por definir, xunto co Vocal Moncho Vázquez. Xa reunidos en Santiago, acordamos constituír un calendario de competición. Para iso estamos concretando en diversos lugares de Galicia, unha vez propostos a Comisión Técnica aprobará as datas e confeccionará o calendario definitivo das probas a realizar, aínda que é seguro xa que o primeiro concurso será o Xoves Santo, 24 de Marzo en Equiocio Ferrol. No campionato galego tipo Indoor, poderán competir aqueles atletas, groons e cabalos que estean federados, en posesión da licenza territorial galega. As licenzas federativas para todos os interesados solicítanse na Federación e pódese consultar os prezos e o procedemento na propia web. Unha vez feito este trámite e co fín de levar un mellor control dos federados, pregase enviedes un correo electrónico a enganchesgalicia@gmail.com, confirmando vosa inscrición. Así mesmo estase confeccionando o Regulamento Galego de Enganche, que unha vez aprobado pola Comisión Técnica, publicarase para o seu cumprimento. Outro asunto tratado xa e aprobado pola Vocalía e a C.Técnica é a realización dun curso de formación, a cargo de D. Juan Estevecón (Técnico ecuestre de Enganches), e exames de galopes específicos de enganche para os competidores. A data establecida é, para o último fin de semana do mes, 27 e 28 de Febreiro. Tanto o curso como os exames de Galopes farnase na Hípica Amazonas de Pontecaldelas, Club homologado para elo. Dito curso terá unha parte teórica e outra práctica ao longo do sábado, o domingo dedicarémosllo aos exames de Galopes.
PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE