ANDADURA GALEGA FEDERADA 2019

RESUMO DO REGULAMENTO / MODIFICACIÓN

Xaneiro 2019

A Federación Hípica Galega, co fin de fomentar o deporte hípico en xeral e o autóctono (Andadura) en particular, decide: 

  • Facer o Campionato Galego de Andadura Individual e por Equipos de Febreiro a Setembro
  • Copa "Joaquín G. Troncoso" en Xullo.
  • Copa "Galaico-Lusa" en Outubro.
  • Establecer unha nova categoría denominada SUB-16. 

PARTICIPANTES

  • Xinetes/Amazonas residentes en Galicia en posesión da Licenza Federativa e Cabalar en vigor.
  • O tipo de licenza será Territorial e terá que ser presentada na primeira proba oficial, ou no seu defecto o comprobante bancario de pago a FHG.

RECOMÉNDASE ter un seguro de responsabilidade civil privado.

HORARIO: 

  • Todas as probas oficiais deberán realizarse pola mañá e excepcionalmente, si así o decidise o Comité Organizador, pola tarde, previa comunicación ós xinetes/amazonas.
  • O Comité Organizador fará a entrega dos premios ao final da proba, ou ben pola tarde.

PROBAS PUNTUABLES PARA O CAMPIONATO:

  • Todas as probas será puntuables.
  • O Campionato constará de 6  carreiras mínimo e 15 máximo e poderá descartarse o peor resultado do binomio xinete/amazona e cabalo.
  • Para optar a medalla será obrigatorio participar na final. 
  • O día da final individual realizarase a proba do Campionato Galego por Equipos.

MATRÍCULAS E PREMIOS:

  • Os deportistas inscribiránse directamente a través do Delegado Federativo ou nos Comités Organizadores de cada proba puntuable.
  • Autorízase un cambio de cabalo, sin xustificar, durante o campionato. Un segundo cambio deberá ser aprobado polo delegado federativo e a FHG, previa xustificación do cambio.
  • A criterio do Comité Organizador poderanse variar os premios, disminuíndoos se os participantes son 5 ou menos e aumentandoos cando sexan 15 ou máis. 

SAÚDO E COMPORTAMENTO: 

  • En todas aquelas probas celebradas nunha pista de competición e baixo a autoridade dun Xurado de Campo os participantes deberán, por razóns de cortesía, saudar ao Presidente do Xurado ao entrar na pista, salvo que este indique o contrario. Do mesmo xeito, o Presidente do Xurado deberá responder ao saúdo do deportista.
  • Cando unha autoridade de alto rango ocupe a Tribuna de Honra, o Comité Organizador, de acordo co Presidente do Xurado, deberá dar as instrucións oportunas ós deportistas para que estes executen o correspondente saúdo.
  • Todos os deportistas deberán ter unha ACTITUDE CORRECTA cos Xuíces, Oficiais e Público asistente as competicións.
  • Cando participan baixo a FHG, os deportistas, aceptan os distintos regulamentos federativos: Xeral, Disciplinario, Veterinario e o propio da disciplina na que participa, neste caso o de Andadura Galega. 

XUÍCES E OFICIAIS:

  • Cada proba será presidida por un Presidente do Xurado, designado pola FHG, ou un Delegado Federativo.
  • As probas serán xulgadas por dous xuíces, un principal e un secundario, este último poderá ser un xuíz en prácticas. 

ORDE DE SAÍDA, PENALIZACIÓNS E PUNTUACIÓN DAS PROBAS:

  • A orde de saída determinarase por sorteo.
  • O espazo existente desde o comezo da preparación do cabalo á liña de saída será dun mínimo de 10 metros, esta distancia é para poñer o cabalo na andadura. O crono empeza a contar dende que o cabalo pasa a liña de saída.
  • Os xiros non terán penalización 10 metros antes e 10 metros despóis, entre a chegada ó primeiro cono e o xiro.
  • A distancia mínima será de 100 metros.
  • A clasificación final da proba será a suma da penalización e tempo.
  • Serán causas de descalificación calquera maltrato ao cabalo ou unha actitude indisciplinaria do xinete/amazona. Sempre baixo os regulamentos da FHG e RFHE.
  • Para que unha proba sexa puntuable para o Campionato deberá haber polo menos 5 participantes inscritos en cada proba e cada xinete/amazona deberá avisar ós oficiais e xuíces da competición con cal dos cabalos que participa puntúa para o campionato (máximo dous cabalos por xinete/amazona). Os demais cabalos entran nos premios da proba do día pero non en puntos do campionato.
  • Os puntos que recollan os demais cabalos, e dicir, os que non optan ó campionato serán subidos ou baixados para a clasificación do campionato.
  • Os xinetes/amazonas que corran o campionato con dous cabalos terán que escoller O DÍA DA FINAL o cabalo que opta á medalla e co que correr a final. O outro cabalo pode entrar nos premios da proba.
  • A puntuación final será a suma dos puntos obtidos na clasificación nas diferentes probas do campionato e a suma de puntos da final:

  • POSTO 1ª, 2ª... PUNTUABLES FINAL 
         1 10     15 
         2     13 
         3     11 
         4      9 
         5      7 
         6      6 
         7      5 
         8      4 
         9      3 
        10      2 

  • Prohíbese o uso de argolas durante as probas, baixo pena de descalificación. 
MALTRATO, IDADE E OUTRAS CONSIDERACIÓNS COS CABALOS:

Considerase maltrato causar dor ou abusar de forma intencionada do cabalo: 

  • Golpear ao cabalo de forma excesiva ou utilizar a fusta durante a carreira, podendo ser causa de eliminación.
  • Utilizar as esporas (espuelas) ou dar sacudidas na boca do cabalo de forma excesiva ou persistente.
  • Revitalizar ou intentar revitalizar a un cabalo visiblemente extenuado, coxo ou ferido.
  • Deixar un cabalo sen alimentación e auga e sen o adestramento adecuado.
  • As mostras evidentes de lesións, feridas ou sangue (costados, boca) é causa de descalificación directa, non sendo autorizado a competir.

En relación coa idade de competición, é RECOMENDABLE que sexa a partir dos 3 anos e que conste no libro como cabalo de deporte e non de consumo.

Tamén e RECOMENDABLE a vacinación e desparasitación a lo menos dúas veces ó ano, en marzo e setembro/outubro. 

UNIFORMIDADE E AXUDAS NATURAIS E ARTIFICIAIS:

A UNIFORMIDADE É OBRIGATORIA  en tódalas probas segundo o establecido no presente regulamento: pantalón de montar negro, botas ou botíns, casco, camisa ou polo branco e cazadora federada. O non cumprimento será causa de descalificación.

As axudas naturais permitidas son: pernas, voz, asento e mans.

As axudas artificiais poden ser: esporas (espuelas) de contacto e fusta de doma. Durante a proba non está permitido o uso da fusta.

PISTA DE COMPETICIÓN: 

A pista estará acotada mediante cintas plásticas ou similares que impidan ó público entrar na mesma durante o desenvolvemento das probas. 

No caso de que a pista non teña a distancia mínima requerida poderá incrementarse a proba nunha volta, correndo un total de dúas, sempre co acordo entre os xinetes/amazonas e o Comité Organizador. 

O acondicionamiento da pista de competición poderá ser revisado por un xinete/amazona ou un comité tecnico que designe a F.H.G, que deberá emitir un informe que de ser negativo pode ser causa de anulación da proba.

É obrigatorio dispor de megafonía, sendo recomendable o uso de micro sen fío e tamén será obrigatorio o uso de célula fotoeléctrica.

Como norma de seguridade, no recinto deberá haber ambulancia, veterinario e médico.

CATEGORÍA SUB-16: 

  1. Poderán participar tódolos menores de 16 anos, tamén poderán participar tódalas persoas que cumpran 16 anos no presente ano.
  2. É obrigatorio ter licenza federativa e usar o casco e a vestimenta regulamentaria.
  3. Realizarán a proba sen cronómetro e sempre se puntuará a técnica e non a velocidade.
  4. O final da proba levarán un obsequio ou trofeo e escarapela.

NORMAS PARA O DESENROLO DO CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS:

  1. Para participar deberán ter licenza federativa tanto o xinete/amazona como o cabalo e ter participado nalgunha das carreiras individuais do campionato.
  2. Os equipos serán de tres xinetes/amazonas.
  3. Os xinetes/amazonas sairán na orde de saída que eles escollan.
  4. Os primeiros de cada equipo farán a proba e a continuación tódolos segundos e así sucesivamente.
  5. Os peores tempos de cada equipo serán eliminados, sumándose só os dous mellores.
  6. Será campión galego por equipos aquel que sume o mellor tempo en cada categoría.

NOTA 1:

AS COPAS NON TEÑEN PREMIOS EN METÁLICO, TERÁN TROFEOS, ESCARAPELAS E OBSEQUIOS PARA O BINOMIO, CEDIDOS POLOS PATROCINADORES.

NOTA 2:

Dende o ano 2017 as categorías de Andadura divídense en catro:

Cabalos de menos de 1,50 cm:

  • Andadura Serrada / Dous Tempos.
  • Andadura Chapeada / Catro Tempos.

Cabalos de máis de 1,50 cm:

  • Andadura Serrada / Dous Tempos.
  • Andadura Chapeada / Catro Tempos

Estes cabalos mediránse segundo a normativa da RFHE para ponis. Se a medición se realiza con ferraduras, a medida verase aumentada nun centímetro.

A medición definitiva será cando o cabalo ou poni cumpra os 8 anos, ata que os teña, será medido cada ano antes de empezar a competición.

No caso de competición a proba de recoñecemento poderá ser realizada a paso. O xinete/amazona pode tomar a decisión de efectuar a proba de competición sen volta de recoñecemento, debendo avisar ó Delegado Federativo. Neste caso no momento de superar a célula fotoeléctrica a proba pasará a ser puntuada sen posibilidade de repetila.


HISTORIA DA ANDADURA

Coñecida polos romanos, grandes coñecedores da arte da equitación, como "La Amblad", marcha propia de todos os cabalos daquela época.

Atopámonos en tempos de D. Felipe II, alá polo 1562 con Disposicións Reais que prohibían que ninguén excepto os médicos e cirurxiáns, aparte dos relixiosos, puidesen andar en mulas e cabalos de paso.

Co acontecer do tempo, o paso de Andadura tívose en gran aprecio nas épocas en que sendo os animais de paso case o único medio de transporte coñecido, era o seu uso obrigado e xeral. Este paso tiña como vantaxe que non cansaba nin sacudía ao xinete.

EN QUÉ CONSISTE A ANDADURA:

Para que un cabalo marche ben en Andadura é necesario que o faga sobre os pés, de maneira que coloque os mesmos, vinte e cinco ou trinta centímetros máis aló do sitio en que coloca as mans, o que lle fai gañar un espazo considerable de terreo.

Os cabalos que marchan a este aire coas cadeiras elevadas non avanzan tanto e cansan moito o seu xinete.

ANDADURA DOUS TEMPOS (ANDADURA SERRADA): 

O cabalo marca dous  tempos dobres cos bípedos do mesmo lado, a man e o pé dereito marcan o primeiro, a man e o pé esquerdo marcan o segundo, seguindo esta orde consecutiva en todos os seus trancos, sempre cos bípedos laterales a un tempo. 

ANDADURA CATRO TEMPOS (ENTREPASO OU ANDADURA CHAPEADA): 

O cabalo marca catro tempos, e este en ocasións coloca o pé antes que a man, e noutras a man antes que o pé, sendo esta marcha máis rápida e estable que a anterior, podendo correr un cabalo a este paso a unha velocidade de 10km/h. 

ARGOLA:

Ferramenta para poñer ó cabalo en paso de Andadura, estas argolas van inseridas nunhas correas de coiro, partindo nun principio o cabalo cun número de oito anillas que de xeito paulatino vanse retirando cando este comeza a coller o paso, normalmente utilízase un número igual en cada pé.



PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE